
Un grupo de nenos sobrevive como pode no Xapón da posguerra. Cando se encontran cun soldado expatriado que vaga polo país, deciden unirse a el, co obxectivo de chegar a unha escola especial para orfos do conflito. O gran cineasta xaponés Hiroshi Shimizu, coñecido especialmente pola súa capacidade para rodar con actores mozos non profesionais, roda en 1948 unha emocionante road movie que inclúe unha sorprendente secuencia gravada nas ruínas de Hiroshima.

Si descubrieras que no estamos solos, si alguien te abriera los ojos y te lo demostrase, ¿te asustarías? Este verano, la verdad será revelada a siete mil millones de personas. Llega... EL DÍA DE LA REVELACIÓN.

Viva fala de Nora, unha muller de corenta e poucos anos que acaba de superar unha enfermidade e que, tras esa experiencia, sente unha urxencia radical por vivir intensamente. Acostumada a esixirse ao máximo en todos os ámbitos da súa vida, Nora encóntrase dividida entre a orde e a seguridade da súa relación de toda a vida con Tom e a aparición inesperada de Max, un mozo que esperta nela unha nova pulsión de desexo e liberdade.